Noticias
1 de xuño de 2012
A polo podio e a Copa

O Burela Pescados Rubén pecha a competición ligueira en Vista Alegre ante o Universidade de Alicante, a cita festiva é o sábado ás 18.00 horas, horario unificado establecido pola Real Federación Española de Fútbol para as dúas últimas xornadas de Primeira División Feminina.

O conxunto dirixido por Javier Pardeiro afronta este duelo cun dobre obxectivo, a terceira praza e chegar á Copa de Valladolid nunha dinámica gañadora. Unha vitoria ante as alacantinas suporía selar a mellor clasificación do Burela Pescados Rubén na Primeira División. Pola súa banda, o  Alacante chega a Burela co sabor amargo de non superar o corte que outorga a presenza na Copa de España.

A pesar de ser un novo ascendido, o equipo levantino era un claro candidato a estar presente en terras valisoletanas, xa que foi un dos conxuntos máis reforzados coas incorporacións de Sonia Bernal, Sofía Vieira, Txitxo,… Sen un obxectivo claro e con numerosas baixas para o duelo en Vista Alegre, as pupilas de Carlos Navarro intentarán pechar a tempada cunha meta moi complicada, sorprender a un Burela en disposición de asinar a súa mellor clasificación ligueira.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores