Noticias
30 de maio de 2012
O Burela FS conta un ano máis co apoio da Deputación de Lugo

O presidente do CD Burela FS, José Ramón González Casas, foi recibido a semana pasada  polo  vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, nas dependencias de San Marcos en Lugo, para asinar un convenio de colaboración entre a institución e o club mariñán.

A entidade laranxa beneficiarase dunha achega contemplada no Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación para o ano 2012, destinada a cubrir parte dos gastos da tempada do CD Burela FS. Coa cantidade concedida pola Área de Deportes da Deputación, o club burelista realizará actividades de promoción do deporte de base e participará nas competicións deportivas que correspondan.

“O CD Burela FS está a experimentar un extraordinario crecemento en canto a masa social e expectativas deportivas, desde a mesma data da súa creación. O seu traballo polo deporte de base na Mariña é continuo, tanto por éxitos acadados coma por actividades que realiza de fomento do deporte a todos os niveis”, apuntou Antonio Veiga. Pola súa banda, José Ramón González Casas agradeceu o apoio amosado dende a Deputación de Lugo á entidade laranxa “nunha época na que as axudas ao deporte se están reducindo substancialmente e nuns tempos nos que os clubs temos que facer auténticas heroicidades ás veces para seguir adiante co nosos proxectos deportivos e formativos”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores