Noticias
28 de maio de 2012
Venda anticipada para o Burela FS-Martorell, o venres (20.30 horas)

Dende mañá, o CD Burela FS terá á disposición de todas as persoas interesadas a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para outra festa laranxa, o encontro que enfrontará o equipo burelista e o Sala 5 Martorell o venres (Vista Alegre, 20.30 horas), 1 de xuño, no inicio da segunda e última eliminatoria de play off á Primeira División.

As tarifas para os SOCIOS/AS da entidade serán de 3 euros, os NON SOCIOS/AS deberán abonar 10 euros. As entradas de socio tan só se poderán retirar presentando o carné do CD Burela FS 2011-12.

O Martorell chegará a Vista Alegre despois de impoñerse na primeira eliminatoria ao Fuconsa Jaén, tendo que recorrer ao terceiro encontro (5-2, 5-2 e 1-2).

Horario de atención ao público: De luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00

Primeira División Feminina. As pupilas de Javier Pardeiro despediranse de Vista Alegre defendendo o podio ante UA Alicante, o sábado, ás 18.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores