Noticias
28 de maio de 2012
A base laranxa, líder na final da Copa da Mariña

A ED EON Burela FS pechou unha brillante fin de semana para a familia laranxa. Ás importantes vitorias dos equipos sénior sumouse a meritoria participación das categorías de base na fase final da Copa da Mariña, que acolleron os pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre.

O Burela FS Espina & Delfín alzouse co título tras un contundente 11-0 fronte ao Escola Celeiro Flanagan’s. O conxunto infantil, de Carlos Méndez, fixo o propio fronte ao ACD Xove (10-1). A base laranxa ateigou o podio cos seus tres representantes; o ED EON B conseguiu a terceira praza sobre o AD Praia de Covas (5-3) e na final medíronse os equipos A e C, con 7-0 para os primeiros. Entre os máis pequenos, a escola burelista tamén finalizou terceira, tras impoñerse aos celeirenses (9-2).

Copa Nacional Xuvenil. O equipo de Iván Cao, Lucas, finalizou a primeira fase da Copa cun rotundo 9-1 no derbi fronte ao Cidade de Viveiro. Así remata na segunda praza do grupo, por detrás do Azkar Lugo, e accede á final na que exercerá de anfitrión, a mediados de xuño. O seu rival será o Autos Lobelle FS, como campión do Grupo 2.

 

Copa da Mariña

Fase final

ED EON Burela FS Benxamín A 2-4AD Praia de Covas Benxamín (SEMIFINAL 1)

ED EON Burela FS Alevín A 6-0 ED EON Burela FS Alevín B (SEMIFINAL 1)
AD Praia de Covas Alevín 1-3 ED EON Burela FS Alevín C (SEMIFINAL 2)

3º e 4º posto BENXAMÍN: ED EON Burela FS 9-2 Escola Celeiro Flanagan’s
3º e 4º posto ALEVÍN: ED EOn Burela FS B 5-3 AD Praia de Covas
FINAL ALEVÍN: ED EON Burela FS A 7-0 ED EON Burela FS C
FINAL INFANTIL: ED EON Burela FS 10
-1 ACD Xove
FINAL CADETE: Burela FS Espina & Delfín 11-0 Escola Celeiro Flanagan’s

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores