Noticias
25 de maio de 2012
Vitoria brillante en Cidade Real (5-7) que permite soñar ao Burela FS Pescados Rubén co ascenso

O equipo laranxa fíxose coa vitoria e rompeu de xeito arrolador coas enquisas que xogaban claramente na súa contra: o Manzanares gañara 43 puntos sobre 41 en liga regular, con 14 vitorias en un empate. Pero tal e como dixo o adestrador Julio Delgado antes do choque “as enquisas están para rompelas”. E o cadro laranxa rañou coas previsións castelás e venceu nun partido brillante, no que exerceu o dominio no xogo e controlou durante boa parte do xogo, sufriu cun gol nos minutos finais e volveu rexurdir ata que se fixo cunha vitoria sufrida na quenda de penaltis.

Comezou anotando o cadro local no minuto 7 por mediación de Kike. O Burela FS non se viu abaixo e pasou a controlar descaradamente o duelo cun Manzanares metido na súa porta e André no 20 fixo valer o dominio laranxa cun gol que metía os de Julio Delgado na eliminatoria.

Desde o principio da segunda parte viuse un dominio do Pescados Rubén case permanente. Tivo abundantes ocasións o cadro mariñán, cun Iago Barro estelar nas poucas contras que efectuaban os casteláns, pero adiantouse de novo o Manzanares cun gol de Kiki no minuto 35. Lonxe de verse superado, o Burela FS optou axiña polo porteiro xogador e, aínda que recibiu un revés coa expulsión por segunda amarela de Víctor, restaurou a igualada no electrónico grazas a Juanma cun golazo no 39 tras gran disparo (2-2).

A igualada no tempo regulamentado daba paso a cinco minutos de prórroga que non esclareceron o vencedor da eliminatoria. E na definitiva quenda de penaltis, o Pescados Rubén fixo boa a parada de Iago a Juanillo para facerse co partido e o pase á seguinte rolda de ascenso, onde se medirá ao gañador da eliminatoria entre o Fuconsa Jaén e o Sala 5 Martorell.

 

Ficha técnica

Manzanares: Pepote, Kikillo, De la Cuerda, Zamo, Kiki-cinco inicial-, Marcos, Teto, Kike, Juanillo e Rubén.

Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Víctor, Iago Míguez, Juanma-cinco inicial-, Purao, Clebinho, Christian e Ique.

Goles: 1-0, Kike (7´); 1-1, André (20´); 2-1, Kike (35´) y 2-2, Juanma (39´).

PENALTIS: 0-1, Purao GOL. 1-1, De la Cuerda GOL. 1-2, Christian GOL. 1-2. Juanillo ERRA. 1-3, Ique GOL. 2-3 Zamo GOL. 2-4, Juanma GOL.3-4, Kike GOL. y 3.-5, Clebinho GOL.

Árbitros: Faubell Zaldívar e Santander Flamarique.

Tarjetas: Amarela a Zamo, Iago Barro e Víctor (2).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores