Noticias
22 de maio de 2012 Comarcal A Fervenza FSF
Javier Pardeiro e Alfonso Mera, nas Xornadas de Ferrolterra

O adestrador do Burela FS de Primeira División Feminina, Javier Pardeiro, e o seu preparador físico e director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, participaron onte nas I Xornadas Técnicas sobre Fútbol Sala Comarcal de Ferrolterra, baixo a organización do Comarcal A Fervenza FSF.

No pavillón municipal de Neda, Javier Pardeiro puido contar coa colaboración na pista do equipo alevín da escola do Parrulo Ferrol FS, amosando diversos exercicios específicos para poder executar o porteiro-xogador con garantías.

Nunha intervención teórica, Alfonso Mera explicou o funcionamento interno da Escola EON Burela FS e a filosofía coa que se traballaba en todas as súas categorías e o estilo de traballo en función ás súas idades, ademais de facer especial fincapé en todas as actividades que se realizan ao longo do curso.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores