Noticias
22 de maio de 2012
A Vermella volve ao Campus Internacional Burela FS (12, 13 e 14 de xullo)

Achégase o verán e con el a gran cita para o fútbol sala de base na Mariña. O Campus Mixto Internacional Burela FS, que xa tivo o privilexio de aprender co seleccionador español, José Venancio López Hierro, regresará á axenda estival deportiva na súa sexta edición, entre o 12 e o 14 de xullo, con César Arcones e Antonio Bores, adestrador de porteiros e preparador físico da Vermella, respectivamente, entre o seu profesorado.  

Todos aqueles/as rapaces/as de entre 7 e 14 anos que queiran gozar deste deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poderán reservar a súa praza a partir do luns 28 de xuño. A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas nas oficinas do club (avda. Arcadio Pardiñas, número 97) ou a través da web http://www.burelafs.org/campus/. O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 6 de xullo.

 

[+ inf. na web do Campus]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores