Noticias
22 de maio de 2012
O CD Burela FS colabora co Torneo de Base 'Memorial Rodrigo Maseda Lozano'

O CD Burela FS colaborará coa Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) no torneo de fútbol sala base ‘Memorial Rodrigo Maseda Lozano’, que terá lugar o 6, 7 e 8 de xullo nos concellos de Foz, Cervo e Burela. Con esta cita deportiva que traballará por posicionarse como referencia no fútbol sala de base, Imdecum réndelle homenaxe ao mozo policía burelao falecido en acto de servizo a finais do mes de xaneiro na praia coruñesa do Orzán.

O consistorio de Burela acolleu o acto de presentación a semana pasada, coa presenza da familia de Rodrigo Maseda, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o alcalde, José María González Barcia, xunto ao presidente e o vicepresidente da fundación, Marcelino Luna e Manuel Blanco.

Sistema de competición. O torneo establecerase a través do sistema de fase de grupos e fase final en catro categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete. Os interesados en participar poden inscribirse ata o 20 de xuño na Fundación Imdecum; recibirán toda a información a través do correo electrónico contacto@fundacionimdecum.org ou por teléfono, nos números 982580951 ou 670321857.

O Memorial tamén conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a Federación Galega de Fútbol e os concellos de Burela, Cervo e Foz.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores