Noticias
21 de maio de 2012
Sporting Rabadense 0-5 Xoula Ribadeo

O Xoula goleou de novo a domicilio, esta vez ao Sporting Rabadense, ao que endosou un claro 0-5; xa suma doce puntos en catro partidos na Copa Provincial.

Ao descanso o resultado era de 0-4. Na segunda metade, unhas veces a falta de acerto na finalización e outras a boa actuación da porteira local evitaron un resultado de escándalo e as ribadenses tiveron que conformarse con tan só un novo tanto. Elvira inaugurou o marcador, seguírona Nuria e Eva e de novo Elvira puxo o 4-0 para marchar ao descanso. Na segunda metade anotou Tania Penabad nunha bonita vaselina.
Polo Xoula xogaron Antía, Ana, Eva (1), Elena e Elvira (2), cinco inicial, e tamén Nuria (1), Carla Bolaños, Yoli e Tania Penabad (1).

O Viveiro FSF, segundo clasificado con 5 puntos, será o rival a bater para as de Martínez o vindeiro sábado no municipal ribadense.

Provincial masculina. O Ribadeo FS conseguiu manter en Rábade o liderado do Grupo B da liguiña de clasificación que dá acceso a disputar as semifinais da Copa. A poucos minutos para o final os mariñáns perdían por 3-1; Sergio foi o encargado de volver as cousas ao seu sitio ao transformar un claro penalti e pór o 3-2 no marcador. Aínda que con derrota, este resultado ante o Amigos de Rábade permite aos de Ribadeo manter o liderado do grupo e así evitar enfrontarse en semifinais ao primeiro clasificado do Grupo A.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores