Noticias
19 de maio de 2012
Primeiro asalto para o Burela Pescados Rubén

O Burela Pescados Rubén vence no primeiro asalto ao Manzanares FS por 3-1, ante un Vista Alegre que gozou e animou os seus en todo momento.

Desde o asubío inicial a escuadra burelense xogou con ambición e seriedade ante un Manzanares que non logrou parar a arremetida laranxa. Aos seis minutos de partido o marcador xa reflectía un 2-0, grazas aos tantos de Iago Míguez e Clebinho, que levou a algarabía á bancada. A escuadra de Julio Delgado manexou á perfección os tempos do choque e, por momentos, anestesiaba a un Manzanares que a penas xerou perigo na meta de Iago Barro.

Con esta vantaxe chegouse ao descanso e a segunda parte comezou cun Manzanares máis agresivo na presión aínda que sufrindo os contragolpes laranxas. Ique tivo nas súas botas, por partida dobre, o terceiro e acto seguido Rubén ameazou con recortas distancias pero Iago Barro cortou as súas esperanzas. Juanma errou unha ocasión a pase de Víctor López, instantes despois non tivo piedade e fulminou a meta defendida por Fran Noguera. O 3-0, minuto 31, chegou tras unha excelente xogada de André tras superar, con autoridade e clase, a presión visitante e asistir ao capitán laranxa.

A reacción do Manzanares foi apostar polo xogo de cinco, contrarrestado con solvencia pola defensa burelense e Iago Barro, que resolveu con seguridade os envites manchegos. O 3-1 logrado por Juanillo, minuto 37, chegou tras unha perda na saída de balón ante o que Iago pouco puido facer. O choque chegou ata o final sen maiores sobresaltos para un Burela que logrou unha merecida vitoria.

 

Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, Juanma, André, Víctor López, Iago Míguez-cinco inicial- Ique, Clebinho, Christian e Purao.

Manzanares FS: Fran Noguera, Kikillo, De la Cuerda, Kike, Kiki-cinco inicial- Rubén, Juanillo e Teto.

Goles: 1-0, m.2, Iago Míguez; 2-0, m.6, Clebinho; 3-0, m.31, Juanma; 3-1, m.37, Juanillo.

Árbitros: González Moreta e Sánchez Chamorro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores