Noticias
14 de maio de 2012
A ED EON Burela FS triunfa no torneo sarriao Os Meigallos

A ED EON Burela FS triunfou no Torneo Os Meigallos San Juan 2012 en Sarria esta fin de semana, con pleno de títulos. Alzouse co trofeo de campión nas dúas categorías nas que participaba, co Benxamín e Alevín A.

Os máis pequenos, dirixidos por Iván Cao, fixéronse co ansiado premio tras vencer por 5-2 ao Azkar Lugo na gran final. O conxunto mariñán conseguiu o acceso ás semifinais tras gañar 0-9 ao Azkar Terra e 1-9 ao anfitrión, Os Meigallos, onde venceu tamén con contundencia, ao Quiroga (13-2).

No primeiro paso dos rapaces de Marcelo Santoro puideron impoñerse aos quirogueses (1-3) e sucumbiron fronte aos de Monforte de Lemos (3-1). No entanto a vitoria ante os lugueses (4-1) das semifinais deulles o pulo necesario para sobrepoñerse e alzarse co título en revancha nun novo enfrontamento co Escolapios (3-1). O segundo representante alevín, de Carlos Moreno, non tivo tanta fortuna; caeu na fase de grupos ante os sarriaos (4-2) e os transportistas (5-0).

O traballo individual dos xogadores laranxas tamén foi premiado. O alevín Luismi Nieto foi recoñecido como Mellor Porteiro e os benxamíns Pol Bassa e Noel Díaz recibiron o recoñecemento de Mellor Xogador e Máximo Goleador, respectivamente.

 

OUTROS RESULTADOS

 

Copa Nacional Xuvenil

Burela FS 4-6 Azkar Lugo FS

Copa Autonómica Infantil

ED EON Burela FS 6-4 Lumieira

Liga Autonómica Infantil

ED EON Burela FS 1-4 Azkar Lugo FS (xornada 18 aprazada)

Amigables

ED O Valadouro 3-10 Burela FS Espina & Delfín

Copa da Mariña

AD Praia de Covas Benxamín 8-2 ED EON Burela FS Benxamín B

ACD Xove Infantil 1-4 ED EON Burela FS Infantil

ED EON Burela FS Benxamín B 0-3 Escola Celeiro Flanagan’s Benxamín

Cidade de Viveiro Infantil 3-8 ED EON Burela FS Infantil

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores