Noticias
11 de maio de 2012
A Copa da Mariña, o torneo de Sarria e as competicións regulares ateigan a axenda da base

A base laranxa ultima detalles para afrontar unha axenda ateigadísima esta fin de semana co inicio da Copa da Mariña, o VII Torneo Os Meigallos-San Juan de Sarria e as competicións regulares de liga e copa, aderezadas tamén con algún que outro amigable.

O ED EON Burela FS Infantil e Benxamín B comezarán a andadura da Copa da Mariña mañá, no pavillón Vista Alegre. [vid. Calendario]

No Torneo de Sarria (11, 12 e 13 de maio), a escola laranxa terá representación nas categorías de benxamín e alevín. [vid. calendario e participantes]


OUTRAS COMPETICIÓNS:


Copa Nacional Xuvenil

Burela FS-Azkar Lugo FS
Domingo 13 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Cadete

Burela FS Espina & Delfín-Hércules (suspendido por incomparecencia comunicada do rival)

Copa Autonómica Infantil

ED EON Burela FS-Lumieira
Sábado 12 de maio, ás 16.00horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Infantil

ED EON Burela FS-Azkar Lugo FS (xornada 18 aprazada)
Domingo 13 de maio, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Amigables

ED O Valadouro-Burela FS Espina & Delfín
Sábado 12 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón de Ferreira do Valadouro

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores