Noticias
7 de maio de 2012
O ED EON Burela FS Benxamín, subcampión provincial

O ED EON Burela FS Benxamín alzouse co subcampionato no Provincial de Deporte Escolar o sábado, xornada na que o pavillón burelao de Vista Alegre acolleu unha gran festa futbolística.

Os rapaces de Iván Cao, Lucas, impuxéronse por 3-0 ao Lumieira nas semifinais. Na final, o resultado caeu do lado do Praia de Covas, nun axustadísimo 1-2.

Na categoría alevín, o conxunto laranxa rematou en terceira posición despois dun rifadísimo encontro fronte ao Azkar Lugo (2-3), venceu ao ED Lourenzá (3-2). O Lumieira alzouse co título sobre os transportistas (1-2).

O acto de entrega de medallas contou coa presenza de Juan Somoza, representante do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Manuel Blanco, vicepresidente do CD Burela FS; José Luís Sáez, director xeral do CD Burela FS; e a gardameta laranxa, de Primeira División, Joziane de Oliveira.


ED EON BURELA FS 2-3 AZKAR PRONE  (Alevín)
ED EON BURELA FS 3-0 LUMIEIRA   (Benxamín)
ED LOURENZÁ 4-4 *LUMIEIRA   (Alevín)
*PRAIA DE COVAS 3-3 SALESIANOS  (Benxamín)

*Gañador a penaltis

3º e 4º posto: ED EON Burela FS 3-2 ED LOURENZÁ  (Alevín)
3º e 4º posto: SALESIANOS 4-1 LUMIEIRA  (Benxamín)
FINAL ALEVÍN: AZKAR LUGO 1-2 LUMIEIRA
FINAL BENXAMÍN: ED EON BURELA FS 1-2 PRAIA DE COVAS

 

OUTROS RESULTADOS:

Copa Nacional Xuvenil

CFS Cidade de Viveiro 0-5 Burela FS

Liga Autonómica Cadete

ED Vigo 2015 5-2 Burela FS Espina & Delfín

Liga Autonómica Infantil

ED Vigo 2015 10-3 ED EON Burela FS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores