Noticias
7 de maio de 2012
O Xoula imponse en derbi ao Viveiro FSF (1-2)

O Xoula-Ribadeo de novo decantou ao seu favor o duelo de rivalidade comarcal ao derrotar a domicilio o pasado sábado o Viveiro FSF por 1-2.

As locais adiantáronse no marcador por mediación de Xiana e Sabela encargouse de levar as táboas ao luminoso antes de marchar ao descanso. Na continuación houbo ocasións para ambos pero foi Nuria, nun lanzamento afastado, quen levou o marcador para as ribadenses.

Polo Xoula xogaron Antía, Ana, Eva, Elena e Elvira, no cinco inicial, ademais de Sabela (1), Nuria (1), Tania Penabad, Iria, Yoli e Carla Bolaños.

Esta vitoria permítelles ás mariñás liderar o Grupo A en solitario, clasificación que tratarán de manter o vindeiro sábado en Monterroso.

Provincial masculina. Tras a xornada de descanso, os mariñáns deberán alzarse coa vitoria o vindeiro sábado na casa ante o correúdo Abadín, se queren optar a un dos dous primeiros postos que lles permitirán xogar as semifinais da Copa. Ambos os equipos, xunto co Amigos de Rábade, son os que lideran a clasificación, con 6 puntos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores