Noticias
6 de maio de 2012
Burela Pescados Rubén mantén a esperanza do play off logo da vitoria en Valencia (3-5)

O equipo laranxa despregouse con solvencia e soubo aproveitar as súas oportunidades para poñerse xa por diante no primeiro minuto de xogo (0-1, Víctor). Aínda que o Valencia apertou por momentos a meta de Iago, os de Julio Delgado fixeron un traballo defensivo excepcional e só cederon o tanto do empate, obra de Borja, cando se levaban xogados 19 minutos. A primeira parte rematou con igualada no marcador.

E o segundo tempo comezou cun Burela FS poderoso que anotou dous goles en dous minutos (22 e 23) por mediación de Christian e Juanma respectivamente. Malia o gol do local Sena no 27, os mariñáns volveron marcar distancias no electrónico con dous tantos en pouco máis de catro minutos. O resultado final (3-5) deixa o Pescados Rubén en disposición de disputar o acceso ao play off polo ascenso, a falta dunha xornada para o remate da Liga regular. O vindeiro sábado, o Burela FS xógase parte das súas posibilidades en Vista Alegre, ante o Fuconsa Jaén.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores