Noticias
2 de maio de 2012
Javier Pardeiro e Alfonso Mera, nas I Xornadas Técnicas de Ferrolterra

O adestrador do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División, Javier Pardeiro, e o seu preparador físico e director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, participarán nas I Xornadas Técncicas sobre Fútbol Sala de Ferrolterra 2012, que organiza durante o mes de maio o Comarcal A Fervenza FSF, da Segunda División Feminina, en Neda.

Os representantes burelistas compartirán palestra o luns 21 de maio, xunto ao seleccionador de Libia, Pablo Prieto. Javier Pardeiro compartirá cos asistentes unha sesión práctica, no pavillón municipal de Neda, baseada na estratexia do porteiro-xogador (18.00 horas). Pola súa banda, Alfonso Mera falará do modelo de traballo da ED EON no Edificio de Usos Múltiples Toeleira (20.00 horas).

As xornadas están destinadas a todos aqueles técnicos, afeccionados, pais, nais, nenos, nenas e deportistas doutras especializados que estean interesados.


LUNS 21 DE MAIO

17.00 horas: Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia
Título: "O fútbol sala no norte de África"

18.00 horas: Javier Pardeiro, adestrador do CD Burela FS Pescados Rubén
Título: "Porteiro-xogador"

20.00 horas: Alfonso Mera, preparador físico do CD Burela FS Pescados Rubén,  División FSF y Director de la Escuela EON Burela FS).
Título: "Escola EON Burela FS. Modelo de trabajo”

 

[+ inf. en A Fervenza FSF]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores