Noticias
31 de marzo de 2012
O gol de Haydee bríndalle a cuarta praza ao Burela FS en Elxe

O Burela FS Pescados Rubén rompeu esta tarde a fortaleza do Femesala Elxe cun efectivo 0-1, de Haydee, que lles outorga a cuarta praza ás laranxas, con 47 puntos.

As pupilas de Javier Pardeiro controlaron de principio a fin a cita de Esperanza Lag, con escasa marxe de manobra para as de Maravillas Sansano, grazas ás intervencións de Jozi. Porén, as laranxas non conseguiron plasmar esa posesión no remate. O Burela puido marchar ao descanso con vantaxe, nunha óptima oportunidade de Cely faltando 6 segundos.

No segundo período, o Pescados Rubén intensificou a presión. Foi no minuto 23 cando Haydee bateu a meta ilicitana dun potente disparo exterior. Tres minutos despois Haydee volveu aparecer, pero desta vez xunto a Jozi, para afastar o empate da liña de meta. O resto das tentativas galegas foron neutralizadas por Vanessa. A escasos dous minutos para o asubío final, Peque tivo unha boísima ocasión de subir o segundo tanto galego. Acto seguido, as alacantinas optaron pola saída de María Otero como porteira xogadora, con achegamentos illados, sen perigo para o Burela FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores