Noticias
30 de marzo de 2012
Un correoso Femesala agarda as burelás, coa presenza de TVG2

Un correoso Femesala Elche agarda as burelás na vixésimo terceira xornada da Primeira División, como loita no asentamento dos postos de Copa. O partido entre a sétima praza levantina e a quinta cantábrica, que dará comezo mañá ás 16.00 horas no pavillón Esperanza Lag, poderá seguirse por TVG2, tras o Telexornal Mediodía.

O Burela FS Pescados Rubén viaxa a Elxe con 5 puntos de vantaxe sobre o seu rival e coa tentación do podio, moi próximo, a tan só 3 puntos, custodiado polo Móstoles e Ponte Ourense, terceiro e segundo respectivamente (47 puntos). Medirase a un conxunto moi difícil na súa cancha, onde tan só viu escapar puntos ante o Cajasur Córdoba (7ª xornada, 0-5) e o Rubí (17ª xornada, 2-2).

O Femesala chegará á cita moi motivado, tras a contundente derrota ante o que foi, precisamente, o seu único verdugo no Esperanza Lag, Cajasur Córdoba (9-1) para distanciarse da oitava posición e fortalecer, así, a súa presenza na Copa. Nas filas levantinas, será baixa Laura Jover; segundo o club ilicitano, a xogadora terá que someterse a unha intervención de menisco.

Próxima xornada. O líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, visitará Vista Alegre tras o descanso da Semana Santa. O encontro será o 14 de abril, ás 18.30 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores