Noticias
26 de marzo de 2012
A base laranxa pecha a liga Deporte Escolar con éxito rotundo

A base laranxa, moi aplicada, pechou esta fin de semana Deporte Escolar con éxito rotundo. A ED EON Burela FS rematou líder en todas as categorías da competición e todos os equipos participantes puideron festexar a clausura da liga en postos de podio.

O título de primeiro clasificado recaeu no Benxamín A (Grupo A), Alevín A (Grupo A), Alevín A (Grupo B) e Infantil (Grupo A); o Benxamín B (Grupo B) finalizou en segundo lugar e o Alevín B (Grupo B) obtivo a terceira praza da clasificación. O equipo cadete disputou a semana pasada a fase final da Mariña, cunha meritoria segunda praza, tras proclamarse campión da etapa regular.

O próximo destino de Benxamín A, Alevín A e Infanil será o campionato provincial, ao que os conxuntos burelistas accederán, como primeiros de grupo, a cuartos de final. Será o 21 de abril, coa sede aínda por determinar.


Resultados da fin de semana:

Deporte Escolar

ED EON Burela FS Infantil 9-1 EDM A Pontenova Infantil

ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A) 9-4  EDM A Pontenova Alevín

ED EON Burela FS Benxamín A 5-1 EDM  A Pontenova Benxamín

Liga Cadete da Mariña

Ribadeo FS 1-5 Burela FS

Liga Prebenxamín da Mariña

ED Mondoñedo 2-4 ED EON Burela FS A (xornada 2)

Amigables

Celeiro Flanagan’s Alevín 1-6 ED EON Burela FS Alevín B

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores