Noticias
25 de marzo de 2012
Derrota pola mínima do Burela Pescados Rubén na súa visita a Manzanares

O Manzanares corta a escalada do Burela Pescados Rubén ao que derrotou por 3-2 no tramo final do encontro. O xogo caracterizouse pola máxima igualdade entre ambos os conxuntos e a alternancia no electrónico.

O primeiro en golpear foi o Burela. Juanma sorprendeu a Pepote nos primeiros compases de xogo real cun zurdazo desde doce metros para situar o 0-1. O tanto non desanimou o Manzaranes, que, apoiado na súa afección, logrou o empate, minuto nove, con De la Cuerda como protagonista. Coa igualada chegouse ao descanso e na continuación ambas as escuadras mantiveron as súas intencións de noquear o seu rival.

Neste segundo acto, o primeiro en acertar no intercambio de golpes foi o Manzaranes. Kiki logrou o 2-1 no minuto 33 aínda que Juanma igualou a contenda no 37, dando paso a un final de encontro de alta tensión. Acto seguido, De la Cuerda culminou unha acción de estratexia para elevar o 3-2 e Purao, con xogo de cinco, acariñou o empate no último minuto pero o seu disparo estrelouse no pau.

Palco de autoridades. O Presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, D. Antonio Escribano, presidiu o encontro acompañado por  D. José Luis Sáez (Membro do Comité Galego de Fútbol Sala e directivo do CD Burela FS Pescados Rubén) e D. Miguel del Salto, presidente do Manzanares FS. Ademais de numerosas e notorias autoridades políticas da comunidade castelano-manchega.


Protesta local. Os xogadores do Manzanares renunciaron a competir os dous primeiros minutos de partido en sinal de protesta pola falta de pagamento continuada por parte do club manchego.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores