Noticias
23 de marzo de 2012
Emoción en Vista Alegre, coa visita do Gironella en duelo directo

A emoción está servida este sábado en Vista Alegre, coa visita do Queralt Gironella, ao que o Burela FS Pescados Rubén lle xogará para arrebatarlle a quinta praza, a tan só 1 puntiño das laranxas.  A vixésimo segunda xornada de Primeira dará comezo na Mariña ás 18.30 horas.

Javier Pardeiro admite a “gran dificultade dun rival, serio e organizado, que xa se mantivo líder no primeiro tramo da liga”. “É un equipo que non se caracteriza por levar a iniciativa, pero as súas transicións son do mellor da competición”, asegurou o técnico, ao que engadiu “é un conxunto ao que resulta moi complicado crearlle ocasións de gol, no que destacan as internacionalidades da peche Clàudia ou a gardameta Noelia, Marga Mas como referente no ataque ou o gran estado da ala-pivote Anneta ou da ala Miriam”.

O Gironella chegará con moitas ganas a Vista Alegre, tras dúas xornadas sen gañar (Ponte Ourense 5-4, Cajasur Córdoba 2-2). O técnico burelista animou a toda a afección a presenciar “un partido moi bonito e competido”. “Chegamos nunha boa dinámica e, ademais, coa espiña cravada da primeira volta, onde a falta de acerto de cara ao gol nos freou co definitivo 4-3, a pesar de ser superiores no segundo tempo”, explicou Javier Pardeiro.

O da bomboneira non será o único duelo da zona de Copa desta fin de semana. No cumio, o Atlético de Madrid Navalcanero (52 puntos) visitará o segundo, Ponte Ourense (47). Máis preto dos obxectivos inmediatos das laranxas, a cuarta praza estará custodiada polo Cajasur Córdoba (43), que recibe o sétimo, Femesala Elche (39). Para o último do podio, o Móstoles (46) parece que a xornada pode ser un pouco máis apracible, co noveno, Lacturale Orvina (26).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores