Noticias
21 de marzo de 2012
Lucía xa traballa forza e musculatura, baixo a supervisión de Alfonso Mera

Arrecendos de optimismo revoan na entidade laranxa co devir da evolución da ala-peche Lucía Nespereira, intervida do ligamento cruzado anterior o pasado mes de xaneiro. A xogadora xa comezou a semana pasada co restablecemento de forza e resistencia muscular, na segunda fase da súa recuperación, baixo a supervisión persoal do preparador físico do equipo, Alfonso Mera.

Alfonso Mera asegurou que “aínda é moi cedo para establecer unha data de regreso, pero a recuperación está cumprindo á perfección os prazos marcados pola traumatóloga responsable, Luísa Ibáñez”. “Xunto ao traballo fundamental de fisioterapia, Lucía xa puido incluír no seu programa exercicios específicos para a mellora do ton muscular no ximnasio e na piscina, ademais de tarefas de propiocepción en pista” explicou o preparador físico mariñán.

Lucía recoñeceuse “moi alentada pola evolución das primeiras semanas”. “Sei que teño que esforzarme moito e que a recuperación é paulatina, pero a mellora que experimentei ata agora faime asumir con máis ganas aínda a rehabilitación” dixo a xogadora burelista. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores