Noticias
19 de marzo de 2012
Fede Vidal, coa canteira burelista

O seleccionador nacional sub-21, Fede Vidal, compartiu o sábado pasado unha sesión práctica coa canteira do Burela FS Pescados Rubén no pavillón Vista Alegre, actividade integrada no II Encontro do Deporte Base na Mariña da Fundación Imdecum.

O técnico da Vermella abriu a visita a Burela cun relatorio no IES Monte Castelo sobre o modelo de xogo sub-21, con numerosos profesionais mariñáns do fútbol sala entre os asistentes. Fede Vidal tamén asistiu como convidado de honra do club laranxa ao partido da Segunda División entre o Burela FS e o líder granadino, con perfecta vitoria mariñá (4-1).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores