Noticias
15 de marzo de 2012
O Burela FS colabora con Imdecum no II Encontro do Deporte Base na Mariña

O CD Burela FS colaborará coa Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) no II Encontro do Deporte Base na Mariña, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de marzo, na vila mariñá.

 

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, acompañou o presidente e o vicepresidente de Imdecum, Marcelino Luna e Manuel Blanco, no acto de presentación esta tarde para dar a coñecer unha xornada que terá como convidado de luxo ao seleccionador nacional sub-21 de fútbol sala, Federico Vidal Montaldo.

 

Programa

 

Fede Vidal (Jerez de la Frontera, 1973), que compatibiliza a dirección da sub-21 coa preparación do combinado absoluto como segundo de Venancio López, abrirá a cita no IES Monte Castelo de Burela cun relatorio centrado no modelo de traballo e xogo sub-21, a partir das 10.30 horas, destinado adestradores, monitores, deportistas e público en xeral. O seleccionador nacional continuará o seu encontro co fútbol sala mariñán xunto á categoría cadete do Burela FS nunha sesión práctica no pavillón Vista Alegre (12.30 horas), na que se abordará a defensa e estratexia nas categorías de base. Xa pola tarde, o partido da Segunda División Masculina entre o Burela FS e o Oxipharma Granada clausurará a visita do técnico na bisbarra, baixo a organización de Imdecum e a colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación, o Concello de Burela e o CD Burela FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores