Noticias
12 de marzo de 2012
Madrid obstaculízalle o paso a Galicia no Sub-19

A Selección Galega Sub-19 non puido coarse na final do Campionato de España, en Logroño (8-11 de marzo), a pesar das boas vibracións iniciais. Madrid obstaculizoulle o paso á gran cita ao vencer por 6-2.

Os representantes laranxas, Aarón e Andrés, xa participaron na xornada inaugural, fronte a Murcia, con marcador vantaxoso 2-4. No entanto, o segundo rival, o madrileño, freou o ímpeto irmandiño chegando a ter unha distancia de 6-0, contra a que o conxunto de Santiago Valladares intentou loitar sen tempo de reacción (6-2).

O verdugo dos galegos quedou ás portas do título, caendo por 5-4 ante Valencia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores