Noticias
11 de marzo de 2012
O Burela FSF Pescados Rubén golea o pechacancelas 13-1 e sitúase sexto na clasificación

As mariñás dominaron de principio a fin o partido ante o Majadahonda. Cely adiantaba o equipo laranxa tras combinación con Dolo e Peque. Pero só era o principio dunha longa lista. Lidia, tras falta botada por Maite, e Peque ao segundo pau, a pase de Ro, encarrilaban o choque nos oito primeiros minutos. Ro con dous tantos seguidos, o primeiro en combinación con Peque e o segundo aproveitando un pase en longo de Lidia, abrían a porta ao camiño da goleada local, máxime cando antes do descanso, Cely, de disparo afastado, e Paula, no seu primeiro gol na categoría, deixaban ao termo do período un folgado 7-0 no marcador.

O Majadahonda recortou distancias ao pouco da continuación por mediación de Marta Rodríguez en xogada persoal. A continuación, o Burela FSF Pescados Rubén facía o mesmo por mediación de Maite, que aproveitaba unha xogada embarullada para facer o oitavo gol local. Pouco despois, Silvia de penalti e Dolo, aproveitando un saque en longo de Irene, facía a decena de goles.

Ro pechaba a súa conta anotadora con dous novos tantos, ambos de similar factura ao segundo pau e Dolo poría o broche tras unha boa xogada trenzada en colaboración con Silvia e Paula. Gran triunfo das pupilas de Javier Pardeiro que grazas a este resultado se sitúan nunha meritoria sexta posición.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores