Noticias
28 de febreiro de 2012
Bebeto sae da Unidade de Coidados Intensivos

O xogador laranxa Alexandro Ribeiro Cardoso, Bebeto, saíu este mediodía da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital da Costa, tras mostrar unha notable mellora, para ser trasladado a Medicina Interna. Nos vindeiros días, o persoal médico do centro seguirá a evolución do brasileiro en planta.

Durante esta tarde, o xogador, que sufriu unha fractura costal e perforación pulmonar durante o encontro do sábado en Vista Alegre ante o Hospitalet, xa recibiu algunhas visitas tanto de membros da directiva coma do corpo técnico e de compañeiros, que dende o primeiro momento xa estiveron amosando todo o seu ánimo e apoio tanto a el coma á súa esposa, Ialy.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores