Noticias
24 de febreiro de 2012
Lucía comeza a rehabilitación baixo supervisión de L2 Fisioterapia

A xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén Lucía Nespereira xa está inmersa no proceso de rehabilitación, baixo supervisión de L2 Fisioterapia, unha vez reparada a lesión de ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.

A ala-peche laranxa, que se lesionou durante un adestramento do Nadal, pasou polo quirófano do Policlínico Lucense SA o pasado 25 de xaneiro, nunha intervención dirixida pola traumatóloga Luísa Ibáñez. Despois do período de repouso e das revisións oportunas, Lucía comezou con exercicios diarios de recuperación da mobilidade, a semana pasada, nas instalacións do centro médico burelao; poderá internarse na fase de fortalecemento sobre mediados de marzo.

A clínica L2 Fisioterapia (Rosalía de Castro, número 37), dirixida por Juan Eiroa e Matilde González, ocúpase  do traballo terapéutico do conxunto sénior feminino e da ED EON dende 2010-11; este ano tamén asumiu a devandita responsabilidade co equipo sénior masculino.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores