Noticias
23 de febreiro de 2012
Recepción oficial para A Mariña Alevín

Os concellos de Burela e Xove ofreceron unha recepción oficial onte pola tarde para os integrantes do combinado da Mariña Alevín, subcampioa  do Autonómico de Seleccións Locais de Base do pasado 5 de febreiro, no Carballiño.

Baixo a batuta de Fran Vázquez e do laranxa Carlos Méndez acudiron aos actos os representantes da ED EON Burela FS Luismi Nieto, Luka Eijo, Alberto Quelle, Alejandro Esquerdeiro, Néstor Valle e Álvaro Suárez, xunto ao resto dos compañeiros na selección.

Galicia Sub-23. A ala laranxa Lidia Mesías volverá acudir hoxe a unha nova convocatoria do combinado irmandiño; o adestramento desta semana está previsto para as 18.45 horas, no pavillón Monte dos Postes de Santiago de Compostela.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores