Noticias
19 de febreiro de 2012
Os laranxas perden a vantaxe ante UA Ceutí (3-2) a poucos minutos para o final

Non puido conservar o marcador o equipo que dirixe Julio Delgado, malia rematar os primeiros vinte minutos con vantaxe no marcador (1-2). Foi superior o conxunto laranxa en boa parte do partido, cun xogo de presión que bloqueou por momentos o equipo rival, pero a intensidade amosada foi insuficiente para quedar cos tres puntos. Ique e Clebinho anotaron nos primeiros minutos para os mariñáns, que se puxeron 1-2 no minuto 9 de xogo e non encaixaron o gol do empate ata o 25.

Unha acción illada dos locais no 36 daríalles a vitoria aos ceutís por un axustado 3-2 que non fai xustiza ao que se puido ver no terreo de xogo. O equipo burelao intentouno con porteiro xogador pero non tivo acerto.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores