Noticias
15 de febreiro de 2012
Entroido Laranxa, con cita dobre

O Burela FS Pescados Rubén celebrará o Entroido Laranxa con cita dobre, os días 25 e 26 de febreiro, e entrada gratuíta para todos os que se contaxien do espírito carnavaleiro e acudan a Vista Alegre ataviados cos seus mellores disfraces.

A escuadra burelá da Segunda División Masculina será a encargada de inaugurar a fin de semana recibindo o Hospitalet Bellsport, o sábado 25, ás 18.30 horas.

O domingo 26 entrará en acción o Pescados Rubén na Primeira Feminina ante un dos grandes da elite, o Cajasur Córdoba; o encontro dará comezo ás 12.30 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores