Noticias
14 de febreiro de 2012
Cely pasa a revisión médica na clínica Virxe da Mariña

A última incorporación do CD Burela FS Pescados Rubén, Araceli Gayardo, máis coñecida como Cely, someteuse hai uns días á avaliación médica na clínica Virxe da Mariña, para control e exame da súa preparación física.

O corpo facultativo do centro médico burelao, que mantén un convenio de colaboración coa entidade laranxa dende hai varias tempadas, encárgase de supervisar a saúde dos equipos sénior do CD Burela FS dende os recoñecementos iniciais, de pretempada, ata o seguimento periódico ao longo das competicións ligueiras.

A pivote brasileira, que tamén superou con éxito as probas de ecocardiograma, realizadas no Centro Clínico Ribadeo, estará á disposición de Javier Pardeiro para debutar o sábado fronte ao Ponte Ourense.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores