Noticias
7 de febreiro de 2012 A Mariña-El Progreso
Jozi, a menos batida da elite

Unha das claves do éxito do Burela FSF Pescados Rubén nas últimas tempadas é o seu excepcional rendemento defensivo. O conxunto que adestra Pardeiro caracterizouse sempre por ser difícil de bater e nesta tempada non é unha excepción. A internacional brasileira Jozi é a porteira menos batida do campionato, con 27 tantos encaixados, 2 menos que o Ponte Ourense, que leva 29.

Nas últimas semanas, as burelenses tamén incrementaron notablmente o seu rendemento ofensivo e o seu número de goles a favor, que é de 63, a quinta mellor cifra entre os equipos da Primeira División. Outro dato do bo funcionamento colectivo do cadro burelense é a repartición dos seus goles, xa que hai nove xogadoras que viron portería e oito delas anotaron cinco ou máis goles. A máxima realizadora laranxa é Rosana, que cos 4 tantos que anotou en Móstoles leva xa 11, un máis que a súa compañeira Dolo, que suma 10. Lida e a lesionada Lucía comparten a terceira posición de realizadoras, con 8 tantos cada unha.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores