Noticias
6 de febreiro de 2012 Foto: seleccionamarinafs.blogspot
A Mariña Alevín, subcampioa do Autonómico de Seleccións Locais

A Mariña fíxose co título de subcampioa no Campionato Autonómico de Seleccións Locais de Base na categoría alevín este domingo no Carballiño, tras un axustado 2-3 na final fronte ao combinado de Cambre.

A selección mariñá, cos burelistas Néstor Valle, Álex Esquerdeiro, Luca Eijo, Álvaro Suárez, Luismi Nieto e Alberto Quelle, conseguiu o billete para a última fase tras o empate 2-2 con Lambre e a vitoria 6-0 fronte a Lugo. Nas semifinais A Mariña venceu a Lugo Sur (6-2) e Cambre, pola súa banda, accedeu á loita polo título tras impoñerse a Santiago (5-3).

Semana intensa coa Galega

O CD Burela FS Pescados Rubén terá unha semana intensa na preparación coa Selección Galega en diferentes categorías. A Sub-19 adestrará hoxe (18.45 horas) no pavillón compostelán de Roxos, co chamamento dos laranxas Aarón Fraga e Andrés Míguez. Lidia Mesías terá unha nova sesión coa Sub-23 o mércores (19.45), nas intalacións santiaguesas de Monte dos Postes. Por último, o benxamín burelista Pol Passa tamén foi reclamado para prepararse co combinado irmandiño, o xoves no pavillón municipal de Teixeiro (18.45), xunto a Hugo Rodríguez, de Lourenzá, e Juan López do Praia de Covas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores