Noticias
4 de febreiro de 2012
Os tres puntos escapan de Vista Alegre ante os canarios (1-5)

Os tres puntos escaparon hoxe de Vista Alegre na visita do Gáldar Gran Canaria (1-5), cunha cita na que arrastraron o lastre de ir por detrás no marcador, coa acuciante acumulación de faltas.

Dende o asubío inicial, ambas as escuadras foron cautas, sen demasiadas chegadas á meta rival. As mellores oportunidades, estiveron do lado laranxa, no minuto 13, en saque de esquina que non puido aproveitar Bebeto baixo os paus,  e no 15, nunha chegada de Juanma, que bateu no porteiro.

Na segunda parte, Bebeto puido estrear o electrónico aos 30 segundos, só ante Dani Cabezón, pero os insulares foron máis efectivos, rendibilizando os roubos. En dous contragolpes moi próximos, Minhoca (26), con toque de Saúl, e Zeus (29) déronlles a vantaxe aos visitantes. A punto de cumprirse o minuto 30 e cunha xogada embarullada de Ique diante da meta de Dani Cabezón, Julio Delgado optou pola saída de André como porteiro-xogador para ir a pola remontada e frear a carga de faltas. Na sexta amoestación para os laranxas, Néstor aproveitou a oportunidade para subir o 0-3 (minuto 31, d.p.), que axiña reduciu Bebeto (32). No entanto, volveu o castigo arbitral; tras a amarela a Iago Míguez, Javier Fajardo nada puido facer ante o golpe de Néstor (32, d.p.).

O Burela FS non cesou no empeño de inverter o electrónico, con boas ocasións, pero antes de chegar ao minuto 36, volveu aparecer Néstor para anotar o 1-5 definitivo a porta baleira.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores