Noticias
3 de febreiro de 2012
En recordo de Rodrigo Maseda

O CD Burela FS Pescados Rubén desexa transmitir o seu máis sentido pésame a familiares, amigos e compañeiros do policía burelao Rodrigo Maseda Lozano, falecido a semana pasada en acto de servizo na praia coruñesa de Orzán.

En recordo da súa memoria, o fútbol sala de Burela honrará a Rodrigo cun minuto de silencio no encontro de mañá (Vista Alegre), sábado, ante o Gáldar Gran Canaria FS, no que os xogadores laranxas amosarán os seus respectos portando un brazalete negro. O sinal de loito tamén se trasladará ata Móstoles, co Burela FS na Primeira División Feminina.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores