Noticias
21 de novembro de 2011
Aarón, Samuel e David, convocados por Galicia Sub-19

Os xuvenís do CD Burela FS Pescados Rubén Aarón Fraga e Samuel Rojo foron convocados pola Selección Galega Sub-19 na súa preparación de cara ao nacional, que comezará a finais de decembro. O primeiro adestramento será hoxe no pavillón de Roxos, en Santiago de Compostela (18.45 horas); para a cita tamén foi reclamado o gardameta laranxa David Rodríguez, aínda que non poderá asistir por incompatibilidades cos seus estudos.

Completan o chamamento Alejandro Gruñeiro, Alejandro Diz, Adrián González e Óscar Barja, do Azkar Lugo FS; Alberto Buján e Javier Mosteiro, do Melide FS; Andrés Pinilla, do IES Coruxo; Mauro Álvarez, do ADFS Bueu; e Miguel Louzao e Lucas Castro, do Cidade de Viveiro.

A fase previa do Campionato de Seleccións Territoriais Sub-19 terá lugar entre o 27 e o 30 de decembro. O combinado irmandiño xogarase o pase en Bilbao, integrado no Grupo 5, co País Vasco, Asturias e Aragón. A localidade tinerfeña de Granadilla acollerá a sede do Grupo 1, coas Canarias, Navarra e Melilla. Ceuta, como anfitrioa do Grupo 2, medirase a Baleares e Andalucía. No Grupo 3, en Barcelona enfrontaranse Cataluña, Castela-A Mancha e Madrid. Por último, Estremadura, A Rioxa, Murcia e Valencia disputarán a fase previa en Cáceres.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores