Noticias
19 de novembro de 2011
As laranxas adxudícanse o derbi ante As Burgas cun merecido 5-0

O derbi galego que hoxe puido presenciar o público de Vista Alegre quedou na casa e con claridade. As laranxas adxudicáronse os tres puntos que as achegan ao ecuador clasificatoria tras un merecido 5-0 ante o Cidade das Burgas.

Aínda non se cumprira o segundo minuto de xogo cando Claudia subiu a primeira vantaxe ao luminoso, nun pase cruzado de Dolo que a focega empurrou ao bordo da meta rival.  Co paso dos minutos o Burela FS Pescados Rubén foi reafirmando o dominio do encontro ante o Cidade, coa  marxe de manobra reducida aos escasísimos contragolpes. Dende saque de esquina, Dolo anotou o 2-0 (minuto 15), tras un despexamento errado da porteira ourensá co ombreiro. Aínda tiveron tempo as burelistas de seguir co asedio ás Burgas; o 4-0 estivo a piques de materializarse nos dous últimos minutos antes do descanso, nas zapatillas de Lucía primeiro, dende pase de Ro, nun tiro raso de Peque que rozou o pau máis tarde e, a falta de 25 segundos, nun balón que non puido aproveitar Ro tras unha extraordinaria galopada de Peque.

A escuadra de Javier Pardeiro volveu con ganas de máis na segunda parte. Tentativa tras tentativa, Haydee responsabilizouse do ansiado 4-0 (minuto 27), a pase de tacón, e Lucía apropiouse do 5-0 (30), tras a pugna cunha rival polo balón preto da área visitante. Na recta final e coa acumulación de cinco faltas, Jozi conseguiu manter infranqueable a portería laranxa freando dous dobres penaltis.

Tras a parada dun mes debido ao II Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino (Brasil, 4-10 de decembro), as burelás retomarán a competición o 17 de decembro, coa 11ª xornada, na pista do Lacturale Orvina, en duelo directo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores