Noticias
18 de novembro de 2011
Os de Quique García impóñense no parapeto melillense (0-2) e soben á terceira praza

O Burela FS Pescados Rubén impúxose onte no parapeto melillense (0-2) e, con 17 puntos, sobe provisionalmente á terceira praza da Segunda División, á espera do resto dos resultados da 10ª xornada. Os de Quique García souberon tomarlle a medida un rival que ata o de agora estaba intratable na súa pista, onde incluso o líder, Oxipharma Granada, se viu obrigado a fincar o xeonllo.

O tanto temperán de Purao, no minuto 6, deulle alas á escuadra mariñá, que se meteu con máis tranquilidade e dominio no partido co paso dos minutos, ante un Melilla que non conseguiu perturbar a meta de Brais. No segundo período, a finalización de Iago Míguez, no minuto 29, ampliou a diferenza no marcador, e aínda tiveron os laranxas algunha oportunidade máis que bateu contra os paus. A falta de catro minutos Juanillo vestiu a camiseta de porteiro-xogador para reducir distancias, pero os burelaos puideron defender á perfección a vantaxe ata o asubío final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores