Noticias
13 de novembro de 2011
Victoria inapelable dos laranxas (10-3) ante o cuarto clasificado

Os de Quique García derrotaron brillantemente ao Manzanares FS por un contundente 10-3, nun partido cargado de goles de bo xogo. Tardou en atopar a camiño o cadro laranxa, que non atopou o marco contrario ata o minuto 9 (1-0) por obra de Ique. Dani Martín e Juanma (de penalti) anotaron en dous minutos frenéticos e poñían un cómodo 3-0 no electrónico de Vista Alegre. Pero Burela Pescados Rubén cargouse de faltas axiña, o que acabou por facilitar o amago de remontada que fixeron os visitantes: Roberto anotaba o 3-1 no minuto 12 e Kikillo transformaba un dobre penalti no 17. As boas novas viñeron da man de André, que no 19 puña un xeitoso 4-2 no marcador. Respiraba tranquila a bomboneira.

O segundo tempo foi dun dominio abrumador por parte laranxa. Clebinho e Dani Martín anotáronos a pares (Dani fixo tres en total) e ata Brais se permitiu o luxo de atallar un penalti. E por riba, o partido non remataría sen que Manuel e Iago Míguez foran quen de abrir a súa conta anotadora, logo de converter cadanseu penalti. Tres puntos que saben a gloria ante un rival que chegaba a Burela na cuarta praza da clasificación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores