Noticias
13 de novembro de 2011
O Burela FSF Pescados Rubén perde no último suspiro (1-2) diante do Navalcarnero

O choque entre madrileñas e burelás desenvolveuse con gran equilibrio nun primeiro acto de escasas ocasións de gol. A expulsión por vermella directa a Lidia, por mans dentro da área, puxo en apuros a Jozi, aínda que o Atlético non conseguiu aproveitar a oportunidade para adiantarse xa que, no último momento, a porteira brasileira evitaba na liña de gol o primeiro tanto.

O segundo tempo non variou excesivamente o curso do envite ata que aos 29 minutos Peque aproveitaba unha xogada no centro do campo para saír airosa e anotar o primeiro tanto do partido para as burelás. O paso dos minutos coa vantaxe visitante obrigaba ao técnico local a ter que optar por alternar o xogo de cinco, con Natalia como porteira xogadora. A cinco minutos do final, foi a propia Natalia quen estableceu o tanto do empate cun potente remate. O gol animou as xogadoras do Atlético de Madrid Navalcarnero que conseguiron darlle a volta ao partido cun tanto de Fabi ao segundo pau a pase de Priscila. O Burela FSF, que desaproveitara unha clara ocasión a porta baleira nas botas de Claudia, intentou devolver as táboas ao luminoso nun emocionante tramo final no que as madrileñas superaron o pulo visitante para levar os puntos en xogo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores