Noticias
10 de novembro de 2011
O Burela FS Xuvenil abre o periplo ligueiro na casa do Leis Pontevedra

O Burela FS Pescados Rubén Xuvenil abre o periplo ligueiro este sábado na casa do Leis Pontevedra (multiúsos da Xunqueira , 12.00 horas).

O combinado de Iván Cao, Lucas, pelexará polo título de 2011-12 en 14 xornadas ata comezos de marzo nun grupo de 8, con Cidade de Narón, Autos Lobelle FS, C. Mar Cidade de Viveiro, Prone Lugo AD, IES Coruxo FS e AD Bueu Congelados Almar. O primeiro derbi mariñán, entre viveirenses e burelaos, está previsto para a terceira xornada, o 27 de novembro, na cidade do Landro.

Tamén inagurarán esta fin de semana a competición de Deporte Escolar e a Liga Prebenxamín da Mariña.

 

Liga Nacional Xuvenil

Leis Pontevedra FS-Burela FS Pescados Rubén
Sábado 12 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón multiúsos da Xunqueira

Liga Autonómica Cadete

Azkar Lugo FS-Burela FS Pescados Rubén
Domingo 13 de novembro, ás 12.30 horas, no Centro Deportivo Terra de Lugo

Liga Autonómica Infantil

ADC Lumieira Lugo-ED EON Burela FS
Domingo 13 de novembro, ás 11.00 horas, no Centro Deportivo Terra de Lugo

Deporte Escolar

ED Alfoz Cadete-Burela FS Cadete
Sábado 12 de novembro, ás 10.30 horas, no pavillón de Alfoz

ACD Xove Infantil-ED EON Burela FS Infantil Masculino
Sábado 12 de novembro, ás 12.30 horas, no pavillón municipal de Xove

ED EON Burela FS Infantil Feminino-Ribadeo FS Infantil (aprazado)

ACD Xove Alevín-ED EON Burela FS Alevín A
Sábado 12 de novembro, ás 11.30 horas, no pavillón municipal de Xove

ED EON Burela FS Alevín A-ED EON Burela FS Alevín B (aprazado)

ACD Xove Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín A
Sábado 12 de novembro, ás 13.30 horas, no pavillón municipal de Xove

ED EON Burela FS Benxamín B-ED Cervo Benxamín
Sábado 12 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Prebenxamín da Mariña

ED EON Burela FS A-Escolas Celeiro Flanagans FS (aprazado)

ED EON Burela FS B (descansa)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores