Noticias
9 de novembro de 2011
Jozi vestirá a camisola brasileira no Mundial de Fortaleza (4-10 decembro)

Xa é oficial. A Selección Brasileira reclamou formalmente a presenza da gardameta burelista Joziane de Oliveira para o II Campionato Mundial de Fútbol Sala Feminino, que terá lugar na cidade ‘canarinha’ de Fortaleza, entre o 4 e o 10 de decembro.

A porteira laranxa, que xa arrasou no Sudamericano 2011 de Maracay hai apenas un mes, pelexará por validar o título mundial de 2010, na primeira edición do campionato, celebrado nas localidades madrileñas de Torrejón de Ardoz y Alcobendas. A concentración do combinado está datada para o 25 de novembro, no Centro de Treinamentos Aécio de Borba Vasconcelos, da capital cearense.

A Selección Española, dirixida por Arsenio Pascual, compartirá o Grupo A co Brasil, ademais de Angola e Venezuela. O Grupo B queda conformado polos combinados de Portugal, Arxentina, Rusia e Xapón. O pavillón Paulo Sarasato de Fortaleza será a sede de todos os encontros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores