Noticias
9 de novembro de 2011
O Autos Lobelle visitará Vista Alegre o 6 de decembro, na Copa do Rei

O Autos Lobelle de Santiago FS, da Primeira División, visitará Vista Alegre o 6 de decembro para baterse ao Burela FS Pescados Rubén na terceira fase da Copa do Rei. Así se deu a coñecer onte tras a realización do sorteo da eliminatoria na Cidade do Fútbol de Las Rozas, sede da Real Federación Española de Fútbol.

A última vez que se viron as caras santiagueses e burelaos foi na pretempada, a comezos de setembro, cun axustado 2-3 para os de Tomás de Dios. O técnico lobellista explicou en www.autoslobellefs.com a sensación que lle transmite a escuadra de Quique García: “Cando nos enfrontamos a eles en pretempada puidemos observar un equipo cunha defensa moi organizada. É outro dos clásicos derbis galegos e son partidos que sempre estiveron moi igualados fronte a un rival que sempre está loitando no play-off polo ascenso”.

Outros enfrontamentos da eliminatoria: O Parrulo-Azkar Lugo, Maristas Valencia-Benicarló, Centelles-Barcelona, Gasifred Eivissa-Manacor, Andorra- Sala Zaragoza, Martorell-Marfil Santa Coloma, Ziérbana-Ribera de Navarra, Melilla-ElPozo, África Ceutí-Carnicer, Gáldar-Talavera, Alamín-Navarra, Manzanares-Puertollano, Brihuega-Inter, Granada-Cartagena e Pilaristas-Caja Segovia.

O sorteo da cuarta eliminatoria, entre os gañadores, está programado para o 13 de decembro, na sede da RFEF.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores