Noticias
3 de novembro de 2011
Pleno para o Burela FS Cadete

Vaia semana de inicio ligueiro está realizando o Burela FS Cadete! Con dúas citas en tan só catro días xa levan pleno; a vitoria do sábado na casa ante o IES Coruxo Concello de Vigo (3-1) completárona o pasado martes en Guitiriz (3-4). E o domingo xa lles toca disputar a terceira xornada da Autonómica Galega recibindo en Vista Alegre o Colegio Liceo, ás 18.00 horas.

A bomboneira tamén acollerá o domingo a estrea de tempada para o ED EON Burela FS Infantil en Autonómica; será unha hora antes ca os cadetes, co mesmo rival.

Pola mañá, o conxunto xuvenil, adestrado por Iván Cao, Lucas, medirase en amigable ao Cidade de Viveiro, ás 12.30 horas.


Domingo 6 de novembro

Localización: Vista Alegre

12.30 horas: Burela FS Xuvenil-Cidade de Viveiro Xuvenil (Amigable)

17.00 horas: EDM EON Burela FS Infantil-Colegio Liceo Infantil (Liga Autonómica Infantil)

18.00 horas: Burela FS Cadete-Colegio Liceo Cadete (Liga Autonómica Cadete)

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores