Noticias
2 de novembro de 2011
Os laranxas gañan o pase á terceira rolda da Copa do Rei tras a vitoria en Noia (2-3)

Os laranxas gañaron onte o pase á terceira rolda da Copa do Rei tras a vitoria na pista do Club Noia FS, da Segunda B, por 2-3. Os mariñáns coñecerán a identidade do próximo rival o 8 de novembro, data prevista para a realización do sorteo, entre os clasificados e os representantes da Primeira División.

O Burela FS-Pescados Rubén tivo que pelexar ante un Noia moi resolutivo, que experimentou un notable crecemento na primeira parte impulsado pola afección. A rápida vantaxe no marcador dos mariñáns, no minuto 5, de André, non minguou a ilusión dos coruñeses, que puideron igualar a contenda, no 12, nas zapatillas do ex-burelista Diego Pernas.

Melloraron os pupilos de Quique García ao regreso do descanso. O incremento de intensidade foi evidente dende o reinicio; o primeiro en dar no centro da diana foi Iago Míguez, aos tres minutos (1-2). Nos seus mellores minutos, a escuadra laranxa desaproveitou infinidade de oportunidades para pechar o encontro e pasoulle factura cunha nova chegada de Diego Pernas, no 34, que igualou o luminoso. Na emocionante recta final, Clebinho puido subir o 2-3 final, a falta de dous minutos, que lles garantes aos burelaos unha praza na seguinte fase.

Outros resultados da eliminatoria: Extremadura 4-5 Manzanares, Ziérbana 6-5 Hospitalet, Zalatambor 6-7 Andorra, Coiñena 4-7 Melilla, Mutrayil 4-5 África Ceutí, Pilaristas 5-4 Antequera, Centelles 3-3 Playas (por penaltis segue adiante o Centelles), Alamín 7-1 Los Álamos, Bar Mi Casa 4-7 Gasifred, Kirol 4-9 Sala Martorell, Azulejos Brihuega 3-1 Jaén, Dominicos Levante 3-5 Maristas, Uruguay Peruanos 2-5 Gáldar, O Parrulo 7-4 Cidade de Narón e Leganés 6-8 Granada.

 

Ficha técnica

Noia FS: Martín, Charlie, Quique, Oscarín e Marquitos, no cinco inicial; tamén xogaron Antucho, Peti, Pepe, Marci, Diego Pernas e Carlos.

Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Dani Martín, Clebinho e Iago Míguez, no cinco inicial; tamén xogaron Purao, Ique, Juanma, Manu Jiménez e Turero.

Goles: 0-1, minuto 5, André; 1-1, minuto12, Diego Pernas; 1-2, minuto 23, Iago Míguez; 2-2, minuto 34, Diego Pernas; 2-3, minuto 38, Clebinho

Incidencias: Arredor de 500 persoas, no municipal de Noia

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores