Noticias
30 de outubro de 2011
O Burela FS Pescados Rubén golea (10-1) ao Playas en Vista Alegre

Goleada sen paliativos do Burela FS a un Playas de Castellón que se viu superado desde o principio polo xogo laranxa. Intentárono os visitantes logo dos goles de Dani Martín e Purao (minutos 4 e 8), xogando con porteiro-xogador e queimando as súas naves. Pero un refacho de acerto local deixou sen argumentos aos de Castellón que, en catro minutos encaixaron catro goles máis: dous de Dani Martín, Juanma e Cachón.

Na segunda parte, o Playas tivo as súas opcións pero non soubo bater os laranxas ata o final, co gol da honra transformado por Miguelín no 38. Antes diso, o Burela Pescados Rubén anotou catro goles máis (Iago, Ique, Dani Martín e Manuel). A volta a casa do equipo de Quique García non podía ser máis positiva. A bancada burelá despediu os locais cunha sonora ovación. E é que o cadro laranxa pechou unha actuación para enmarcar.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores