Noticias
24 de outubro de 2011
Espectáculo goleador da base laranxa ante o Azkar Lugo

Vista Alegre foi testemuña na mañá do sábado do espectáculo goleador protagonizado pola base laranxa, da EDM EON Burela FS, nos primeiros amigables do curso 2011-12, coa visita do Azkar Lugo FS.

A escola burelista apropiouse do marcador en tres das catro categorías participantes. Os benxamíns, capitaneados por Iván Cao, Lucas, conseguiron o resultado máis contundente, 9-2; os alevíns, con Marcelo Santoro, Neco, como adestrador, venceron 5-2; e os infantís, de Carlos Méndez, Madar, fixeron o propio, co 4-2 final. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores