Noticias
16 de outubro de 2011
Cómoda vitoria do Burela en Majadahonda

O Burela FS Pescados Rubén fixo bos os prognósticos e regresou da pista do Majadahonda FSF Afar4 con tres puntos tras superar as madrileñas por un contundente 2-7. Esta vitoria permite ao conxunto burelense escalar á zona media da Primeira División.

O choque tivo dúas partes distintas. Na primeira o Burela non se atopou cómodo na pista debido á dinámica proposta polo Majadahonda. O conxunto local provocaba continuas interrupcións que impedían un bo ritmo de xogo. A pesar diso, o Burela adiantouse en dúas ocasións, por mediación de Lucía e Dolo, aínda que as locais lograron o empate antes do descanso. 

A segunda parte nada tivo que ver co período inicial. O equipo dirixido por Javier Pardeiro apropiouse do control e o ritmo do partido para liquidar calquera indicio de sorpresa. Haydée e Maite materializaron o dominio laranxa (2-4). O Majadahonda intentou o xogo de cinco que resultou devastador para os seus intereses xa que as mariñás aumentaron a súa renda con dous goles de Lidia e outro de Lucía.

Ademais dos tres puntos, as notas positivas foron o debut, esta tempada, de Silvia e de Paula Cortiñas, que aos quince anos se estrea na máxima categoría nacional.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores