Noticias
15 de outubro de 2011
Un golazo de Víctor Cachón define o primeiro triunfo laranxa en Vista Alegre

A sete segundos do final Víctor Cachón levantou a bancada de Vista Alegre cun golazo pola escuadra que supuxo o primeiro triunfo laranxa no seu feudo. O CD Burela FS Pescados Rubén sufriu ata o final para conseguir os tres puntos ante un Ceuta que vendeu moi cara a derrota.

O conxunto visitante conseguiu durante moitas fases do choque xogar ao seu ritmo, un ida e volta constante no que se atopa moi cómodo, aínda que foi o Burela o primeiro en golpear. Dani Martín foi o encargado de materializar un penalti, minuto 9, para situar o 1-0 que se mantivo ata o descanso.

Na continuación, o panorama apenas sufriu variacións aínda que as ocasións máis claras eran de cor laranxa ata que chegou o empate por mediación de Pedro Touro no minuto 32. O tanto esporeou ao Ceuta; buscou con máis ambición a meta defendida por Brais que evitou un par de boas ocasións ceutís. O Burela reaccionou e o técnico laranxa, Quique García, apostou polo xogo de cinco, que tivo a súa recompensa nos instantes finais. Víctor Cachón erixiuse como o protagonista do choque e ao terceiro intento enganchou un zurdazo que se coou como un mísil na meta ceutí para establecer o 2-1 final.

 

Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Brais, Víctor Cachón, Clebinho, Ique, Turero –cinco inicial- Dani Martín, Purao, Juanma, Iago Míguez, André e Manu.

Unión África Ceutí: Cárdenas, Salvi, Coca, Chito, Pablo Ángel –cinco inicial- Yuli, Mohamed, Wallace, Sufi, Pedro Toro e Ismael.

Goles: 1-0, m.9, Dani Martin (pen.); 1-1, m.32, Pedro Toro; 2-1, m.40, Víctor Cachón.

Árbitros: Fernández Muñiz e Hevia Campa.

Incidencias: 600 espectadores en Vista Alegre. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Rodrigo Juárez, xogador do Peñíscola.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores